Homenaxe a María Victoria Moreno
Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos
preme aquí para ver
as seguintes funcións
“Esa señora que vedes paseando polas ”Palmeiras” de Pontevedra acompañada dunha cadela chamada María Nicasia (Nica para os amigos) é María Victoria Moreno.”
“Eu só teño como arma para conquistar ou consolar á xente a palabra, e decateime de que aquí a palabra estaba reprimida, o galego era a lingua dos pobres, dos mariñeiros, dos labregos... Nas escolas os nenos que falaban galego eran humillados constantemente e ata pagaban multas. Daquela comprometinme afectiva e socialmente a axudar a esta xente a defender a súa lingua”
“Teño a mellor opinión de todas as xeracións que veñen detrás de min”
“A alma de Galicia non ten outro camiño para florecer que a lingua galega”
Consulta as
seguintes funcións!
Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos é unha homenaxe a todas as persoas que nos arroupan e nos dan guía. A todas esas figuras que, estean presentes ou non, nos serven de compás e nos fan medrar. Ás mestras de vida, encarnadas para nós en María Victoria Moreno, sempre entregada nas aulas e nos libros, sempre apaixonada, comprometida e honesta.
Esta é unha peza creada sobre un concienzudo traballo de documentación, mais o seu obxectivo non é facer unha enumeración de feitos, datas e títulos. O noso labor é facerlle a María Victoria Moreno e ás nosas outras mestras de vida o agasallo que merecen: poesía, amor, fantasía e humor.
Interpretación: Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo
Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde
Axudantía de dirección: María Ángeles Iglesias
Texto: Matrioshka Teatro e fragmentos de María Victoria Moreno
Deseño de vestiario: Matrioshka Teatro
Confección: De nobelo a nobelo e Aurora Lorenzo
Música: Manuel Abraldes
Escenografía e atrezzo: Lorena Conde -Maraña-
Maquillaxe e perruquería: Matrioshka Teatro
Iluminación e son: RTA
Fotografía: Inés Salvado
Deseño gráfico: Lorena Conde [-Maraña]-
Produción: Anabell Gago e Chelo do Rejo
Distribución: Chelo do Rejo, Anabell Gago e Culturactiva
Para a creación desta peza as matrioshkas tivemos a fortuna de falar cun gran número de persoas que coñeceron e trataron a María Victoria Moreno e xenerosamente quixeron lembrala para nós. Tamén tivemos a sorte de que as editoras Urco, Galaxia e Xerais nos permitisen usar libremente os textos da autora que cumprisen para o noso traballo.
Na creación de Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos manexáronse as seguintes fontes:
OBRA
A brétema; Urco Editoria, 2017
O cataventos; Urco Editora, 2017
O amor e as palabras; Urco Editora, 2017
Mar adiante; Edicións Do Castro, 1973
Eu conto, ti cantas, Xerais, 2005
Diario da luz e da sombra; Xerais, 2009
Elexías de luz; Xerais, 2006
Leonardo e os fontaneiros; Galaxia, 1999
Anagnórise; Galaxia, 2012
Guedellas de seda e liño; Galaxia, 1999
E haberá tirón de orellas?; Galaxia, 1997
A festa no faiado: Galaxia, 2008
Verso e prosa; Andel-Xunta de Galicia, 1991
As linguas de España; Andel-Xunta de Galicia, 1991
BIOGRAFÍAS
Eli Ríos; Mulleres Bravas da nosa historia. María Victoria Moreno; Urco Editora, 2017
Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre; María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito; Xerais, 2018
Isabel Soto e Xavier Senín Fernández; María Victoria Moreno. Sementadora de futuro; Xerais, 2018
Montse Pena Presas; A voz insurrecta: María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida; Galaxia, 2018
ARTIGOS E ENTREVISTAS
Documentación e artigos da Plataforma de Crírica Feminista A SEGA para o II Día das Galegas nas Letras, 2015
Artigos de prensa e documentos inéditos recopilados e cedidos por Pedro Ferriol e Begoña Llácer
Artigos de prensa dixitalizados e cedido polo IES Torrente Ballester
"M.V.M., una profesora feliz de serlo". CLIJ: cuadernos de literatura infantil y juvenil; 1992