top of page
Matrioshka


nace no momento no que Anabell Gago e Lorena Conde, que xa traballaran xuntas en diversos espectáculos, deciden emprender a aventura de montar unha compañía coa que poder trazar as liñas fundamentais para realizar o teatro que elas mesmas desexaban ver como espectadoras: pezas contemporáneas, valentes, fermosas, imaxinativas, poéticas, lúdicas e directas. A este tándem uniuse como parte da compañía Chelo do Rejo, facendo así de Matrioshka un triángulo equilibrado e perfecto.

​A esta aventura, arriscada e necesaria, sumáronse con entusiasmo persoas talentosas e inquedas da altura de Marta Pazos, Uxía P. Vaello, Javier Quintana, Inés Salvado, Cloti Vaello, Trini F. Silva,  Emilio Carral ou Borja Fernández; completando así un equipo desexoso de dar á escena pezas que atrapen, sorprendan e emocionen ao público.

​E nesas andan...

  • Wix Facebook page
  • Vimeo Classic
  • YouTube Classic
bottom of page