Toda impresión profunda produce un estado de ánimo particular, unha emoción. Esa é a materia que conforma o noso coñecemento do mundo e a nosa relación con el. É o detonante dos nosos sentimentos máis intensos.
Pero que sucede canto se apoderan de ti impulsos que non sabes de onde xurdiron nin canto van quedar? Como explicárllelo a esas persoas que tanto insisten en preguntar qué é o que nos pasa? Que facer cando é evidente que quen debería saber de qué vai a cousa non ten nin idea?
Preguntas que permanecen sen resposta durante moito tempo...
Intérpretes: Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo
Dirección e dramaturxia: Uxía P. Vaello
Axudantía de dirección: Borja Fernández
Texto: Lorena Conde
Deseño de vestiario: Uxía P. Vaello
Xastrería: Vaello
Coreografía: Uxía P. Vaello
Música: Mónica de Nut; Javi Bermejo; Vadim Yukhnevich
Escenografía e atrezzo: Lorena Conde [Maraña]
Maquillaxe e perruquería: Trini F. Silva
Iluminación e son: Javier Quintana
Fotografía: Inés Salvado
Deseño gráfico: Lorena Conde [Maraña]
Produción: Anabell Gago e Belém Brandido
Distribución: Chelo do Rejo e Anabell Gago
Matrioshka vai da man do público, desvelando dende o escenario pouco a pouco, case inadvertidamente, os segredos da emoción e o xeito de facer dela unha aliada na nosa relación co mundo. Manawee é un proceso de descubrimento en compañía, unha viaxe ao corazón das cousas de todos os días.
As artes de Manawee van somerxe ás espectadoras e espectadores nunha peza de humor e poesía cunha estética impactante e inhabitual.
Este espectáculo creouse co xeneroso mecenado de: Xoana Regos, Marta Castro, Paski Varela, Jesús Aladrén, Cristina García, Iker Filloy, Noe Marque, María Costas, Pati A. Janeiro, Producións Dispersas,Gonzalo Valcárcel, Amalia Maceira, Ada Verónica Allegretti, Chus Sánchez, Teresa Rodríguez, Ana Seijo, Sergio Piñeiro, José A. Valcárcel, Carlos Gallardo, Carlos Almenara e Quico Cadaval; co axuda de AGADIC; coa colaboración do Restaurante Rúa Nova (Santiago) e en residencia no Teatro Principal da Estrada, o Auditorio de Valga e o Auditorio de Vilagarcía.
Quedamos eternamente agradecidas a Dolo Otero, Pati A. Janeiro, Antonio Marque, Mariocha, Manuel Cabaleiro, Sandra Garrido, Manuel X. Gago, Familia Marque-Porto-Puente, EDÉN Roupa de bebé (A Estrada), Pablo Chichas, Elena Bahamonde, Iván Marcos, Pablo Carracedo, Guillermo Alzugaray, Yolanda Ataraxia e María Costas polo apoio, o cariño e a colaboración.