Actúan § Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo
Dirección e dramaturxia § Marta Pazos
Texto § Matrioshka Teatro
Deseño de vestiario e coreografía § Uxía P. Vaello
Xastra § Cloti Vaello
Escenografía e atrezzo § Lorena Conde [Maraña]
Maquillaxe e perruquería § Trini F. Silva
Iluminación e son § Javier Quintana
Fotografía § Inés Salvado
Realización e edición de vídeo § Emilio Carral
Deseño § Lorena Conde [Maraña]
Produción § Matrioshka Teatro
Distribución § Chelo do Rejo e Anabell
C’est la vie
é vida condensada.
Unha reflexión intensa e caleidoscópica sobre o tempo e os seus rastros.
Matrioshka tende aquí fíos entre a sorpresa de recoñecerse nese segundo que nos cambia a vida e a excitación de comprender que as horas se aceleran proporcionalmente á velocidade do corazón.
Ensamblada peza a peza coma un delicado mecanismo de reloxería, mimada ata o máis mínimo detalle para lograr que o espectador se erga da butaca sentíndose tocado por unha brisa fresca e evocadora, C'est la vie ten o poder de arrastrar a quen a ve a un universo inesperado e fascinante.